Xurxo Ayán: "Denunciamos dende o sórdido da materialidade as mulleres invisibilizadas"
Un estudio arqueolóxico elaborou unha cartografía do abandono, para visibilizar vidas desaparecidas na voráxine da explotación capitalista
As autovías acabaron coa paisaxe da explotación sexual nas estradas nacionais e coa crise do 2007 priorizouse a creación de grandes complexos nos nodos de comunicación
A arqueoloxía é unha arma útil contra a visión neoliberal da prostitución e unha ferramenta para a pedagoxía do terror
Unha paisaxe de non-lugares a carón das estradas nacionais que compoñen o mapa dos chamados 'puticlubs'. Barras americanas que acendían as súas luces de neon e que hoxe, abandonados, son lugares de investigación e excavación e estudio para os científicos.
Xurxo Ayán e Calos Otero Vilariño acaban de publicar un estudio desas escenografías arquitectónicas co rexistro arqueolóxico como ferramenta de denuncia e arma política.