Xurxo Ayán: "Nestas escavacións fan partícipes a soldados veteranos para rexistrar a cultura material da guerra das Malvinas"

A guerra das Malvinas tivo lugar entre abril e xuño de 1982, disputando A Arxentina e o Reino Unido unhas illas con gran riqueza pesqueira e moita importancia xeoestratéxica
Morreron 649 militares arxentinos, 255 militares británicos e tres civís
O programa de escavacións arqueolóxicas na que participan os militares superviventes ten un dobre obxectivo terapéutico e científico
A derrota arxentina na Guerra das Malvinas segue a marcar o devalar do país e forma parte do imaxinario colectivo ata hoxe. Moitos dos soldados sobreviventes (moitos deles mozos de reemprazo que facían a mili) volveron con shock postraumático e outros trastornos psíquicos.
Nos últimos anos, o arqueólogo Carlos Landa vén desenvolvendo un proxecto de Arqueoloxía do Conflito centrado na materialidade e a memoria desa guerra, dentro do Programa Arqueología, Veteranos de guerra y Salud Mental, organizado polo Equipo de Arqueología Memorias de Malvinas (EAMM) e o Grupo de Estudios de Arqueología Histórica de Frontera (GEAHF). Todo cun obxectivo terapéutico, facendo partícipes os veteranos no propio proceso de construción do coñecemento científico.