Cargando resultados...
Falecen doce persoas tras a explosión dunha gasolineira no Cáucaso ruso
Falecen doce persoas tras a explosión dunha gasolineira no Cáucaso ruso
Outra decena de persoas quedaron feridas, unha delas está grave
As forzas de seguridade investigan as causas da explosión
A gasolineira, situada en Daguestán, quedou estragada
G24.gal
28/09/2024 14:25
Última actualización 28/09/2024 16:03
Un total de doce persoas morreron e outras tantas quedaron feridas, unha delas en estado grave, tras a explosión rexistrada onte á noite nunha gasolineira, na República rusa de Daguestán. O establecemento quedou totalmente estragado.
O incendio posterior queimou unha superficie duns 500 metros cadrados. As forzas de seguridade investigan as causas dunha explosión que se produce un ano despois doutra semellante que deixou tres persoas mortas e 80 feridas.