Cargando resultados...
230 caldeiróns aparecen varados nunha praia de Tasmania, a metade mortos
230 caldeiróns aparecen varados nunha praia de Tasmania, a metade mortos
Polo de agora descoñécense as razóns deste varamento masivo
G24.gal
21/09/2022 17:16
Arredor de 230 baleas piloto ou caldeiróns quedaron varados nunha praia da illa australiana de Tasmania. Crese que a metade deles están mortos.
O suceso ocorre un día despois de que 14 cachalotes quedaran tamén varados noutra illa da mesma rexión.
Un equipo do departamento de Recursos Naturais e Ambiente trasladouse á zona para colaborar no rescate dos animais que aínda estean vivos.
Os expertos aínda non teñen claras as causas a que se produzan tantos varamentos nesta zona.