Publicador de contidos

Publicador de contidos

25N. Máis de 4.000 mulleres en Galicia teñen protección contra a violencia machista

25N. Máis de 4.000 mulleres en Galicia teñen protección contra a violencia machista

Cada día chegan aos xulgados 17 denuncias diarias por violencia de xénero

Fronte á Xunta, os membros do Goberno galego gardaron un minuto de silencio para repudiar a eiva machista

G24.gal 25/11/2022 08:08 Última actualización 25/11/2022 14:45

​Hoxe é o día para a erradicación da violencia machista, unha lacra social que deixa 38 mulleres mortas no que vai de ano en España.  Na nosa comunidade autónoma, o ano pasado formuláronse máis de 6.200 denuncias por violencia contra as mulleres.

Declaración institucional da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella

Co gallo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, o Consello da Xunta aprobou unha declaración institucional en que condena toda agresión contra as mulleres. En Galicia, nos últimos meses presentáronse máis de 1.800 denuncias. Na Xunta insisten en que hai recursos para todas as vítimas, tamén para aquelas que aínda non presentaron denuncia.

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, defende que para lograr a igualdade entre homes e mulleres "vale máis un feito que unha proclama". Nunha mensaxe con motivo da conmemoración do 25-N, Rueda critica os "negacionismos histriónicos e as palabras altisonantes".

O líder dos populares galego di que o seu partido "referenda co seu labor constante" o compromiso coas vítimas da violencia machista e coa igualdade.

Pola súa parte, o BNG presentou a súa campaña para este 25-N, chamada 'Fortes contra a violencia machista'. Ana Pontón pide máis recursos económicos e máis leis.

É necesaria a implicación das institucións para que as “mulleres sexamos máis fortes” contra as violencias machistas, incidiu Pontón, que asegurou que no BNG traballarán para que os avances e os dereitos das mulleres non dean “nin un paso atrás”.

Neste sentido, lamentou o “carroñerismo político” que marcou este ano o 25 de novembro, que estivo ensombrecido pola rebaixa de condenas a varios delincuentes sexuais en aplicación por algúns xuíces da coñecida como lei do só si ou os insultos de Vox á ministra de Igualdade, Irene Montero.

Pontón tamén alertou sobre a campaña institucional da Xunta para o 25N, debido a que pon o foco na vítima e non no agresor cunha mensaxe que culpabiliza as mulleres “asumindo o argumento dos agresores”.

Os sindicatos tamén saíron hoxe á rúa para estar presentes neste 25N. A CIG convocou unha manifestación na Coruña co lema "Traballo digno e sen violencia". Unha campaña coa que se pretende denunciar a permisividade da patronal ante as situacións de acoso que padecen moitas mulleres.

As forrzas sindicais maioritarias (UXT e Comisións Obreiras) manifestáronse conxuntamente. é o caso dque estiveron presentes en varias cidades galegas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade