Precisan de forma urxente axuda humanitaria en Libia para 250.000 persoas
Precisan de forma urxente axuda humanitaria en Libia para 250.000 persoas
A Cruz Vermella informa de 11.000 mortos e máis de 10.000 desaparecidos
As esperanzas xa son poucas, pero os rescatadores insisten na busca de superviventes, agora xa só nos edificios parcialmente destruídos e aos que a riada non chegou a cubrir enteiros.
"Imos edificio por edificio contra o reloxo para atopar superviventes", di Moisés Belloch, da ONG española Intervención, Axuda e Emerxencias.
Búscanos en terra, pero tamén entre o lixo e os restos das zonas inundadas e, sobre todo, no mar que vai devolvendo un corpo tras outro.
"Estamos esperando que o mar se calme para poder sacar os cadáveres que podemos ver na auga", di este voluntario que axuda un equipo médico na praia.
A Cruz Vermella informa de 11.000 mortos e máis de 10.000 desaparecidos.
Pero ademais, hai case 900.000 damnificados e polo menos 250.000 precisan axuda con urxencia.
Voluntarios de todo o país cruzan Libia deixando a un lado o conflito que a mantén dividida, para botar unha man. Son enfermeiras coma Mona ou panadeiros coma Naji, que reparte bolos de balde.
"É o momento de unirnos, asegura Nawri, que garda ringleira para recibir pan. "Porque se non cooperamos agora, cando imos facelo?", pregúntase.