Publicador de contidos
Publicador de contidos

28 concellos recibirán 33 millóns en axudas para a rehabilitación

28 concellos recibirán 33 millóns en axudas para a rehabilitación

O investimento será destinado a mellorar a eficiencia enerxética das edificacións e poden chegar ata o 80 % do custo da obra

G24.gal 16/05/2023 16:39

Máis de vinte concellos vanse beneficiar de fondos do Goberno galego para facer reformas que melloren a eficiencia enerxética dos edificios. As axudas cubrirán ata o 80 por cento das obras que se realizarán en medio cento de barrios.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, xunto á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, asinou este martes acordos de financiamento do programa de axudas ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio.

Foi nun acto celebrado en Cortegada, onde Rueda destacou que se trata de fondos europeos Next Generation, transferidos polo Goberno central, que os municipios van poder "executar directamente", polo que puxo estas axudas como exemplo da cooperación entre administracións.

Rueda mostrouse convencido de que os distintos concellos "teñen capacidade e experiencia para executar con celeridade" este tipo de fondos, de maneira que se xestionen por "quen máis coñece as necesidades" dos veciños.

O obxectivo é impulsar medidas de eficiencia enerxética en 54 barrios de 28 municipios para mellorar 4.700 vivendas de centros históricos ou zonas onde as construcións teñan certa antigüidade, con axudas que poden chegar ata 30.000 euros por veciño para reducir polo menos un 30 % o consumo enerxético da súa vivenda, ampliadas en 12.000 euros se ademais hai que retirar amianto.

Os concellos encargaranse tanto de tramitar as axudas para os veciños, como de realizar actuacións directamente para mellorar a contorna física dos barrios, en todo o que ten que ver coa eficiencia enerxética "nun sentido moi amplo", explicou Rueda, para mellorar as vivendas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade