Publicador de contidos

Publicador de contidos

30.000 euros en roubo de cable en Ponteareas

30.000 euros en roubo de cable en Ponteareas

O Concello de Ponteareas pide colaboración cidadá para localizar os responsables

G24.gal 18/02/2025 14:29

En Ponteareas non gañan para rede eléctrica. As estimacións son de máis de 30.000 euros investidos en repoñer o cable roubado nos últimos meses. O concello pide colaboración aos cidadáns para poder localizar aos autores dos roubos.

Repoñen o tendido eléctrico no barrio ponteareán das Cachadas. Os electricistas do concello non teñen tregua: Arnoso, Prado, Ribadetea. Boa parte das parroquias desta localidade están a sufrir roubo de cableado de cobre. A última vez foi  pasada fin de semana neste barrio.

Esta estrada é moi transitada a pé para ir ao convento de Canedo ou a Bugarín, ademais é un lugar frecuentado polos xabarís, polo que o perigo aumenta.

Algún veciño colleu na allada algún dos ladróns tentando roubar tapas de sumidoiro e reixas de desaugue. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade