Publicador de contidos

Publicador de contidos

Loita contra os roubos de cobre: "Máis frecuentes do que nos gustaría. Se sabes onde está, é cortalo e levalo"

Loita contra os roubos de cobre: "Máis frecuentes do que nos gustaría. Se sabes onde está, é cortalo e levalo"

O prezo do metal no mercado negro faino atractivo para os delincuentes

Na operación Fillum prenderon tres persoas pola venda de oito toneladas de cable de cobre

G24.gal 17/02/2025 14:06

A subtracción de cable de cobre non é complicada e o seu prezo no mercado negro é moi atractivo para os delincuentes. De aí que o roubo deste metal sexa frecuente.

"Son máis frecuentes do que nos gustaría. Cable que está polo monte adiante. Se sabes onde está, é cortalo e levalo", di Jorge Fernández, Garda Civil da Área de Investigación de Culleredo.

Ás veces, a liña está sen servizo. Pero cando está activa causa unha morea de prexuízos, tanto a particulares como a empresarios.

"Supón un prexuízo grave porque hai empresas que poden pasar un ou dous días sen Internet, sen poder traballar e coas perdas que iso supón", engade Jorge Fernández.

Desta volta, tras dez meses dunha ardua investigación, a Garda Civil logrou prender tres persoas que utilizaban os datos persoais de polo menos seis veciños das localidades de Carral, Cambre e arredores para a emisión de facturas fraudulentas co obxectivo de dificultar o labor dos investigadores.

"Nesta operación localízase tamén ao comprador do cable de cobre roubado, un empresario que ten un almacén de ferralla e que mercou todo o cable", explica Fernández.

En total, máis de oito mil quilos de cable de cobre telefónico, valorado en máis de 52.000 euros. Amais, entre os detidos atópase o propietario do almacén de ferralla da provincia da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade