35 anos do Casón: Fisterra, Cee e Corcubión foron evacuadas
35 anos do Casón: Fisterra, Cee e Corcubión foron evacuadas
O Casón transportaba unha carga de 1.100 toneladas de produtos tóxicos e corrosivos
Este luns, 5 de decemebro, fai 35 anos do embarrancambento do Casón na Costa da Morte. O barco embarrancou ao sur da praia do Rostro. Faleceron 23 dos 31 tripulantes do navío, todos de nacionalidade chinesa.
O Casón transportaba unha carga de 1.100 toneladas de produtos tóxicos e corrosivos. A vertedura e posterior incendio da carga do navío na tarde do 10 de decembro provocou unha grande alarma social e decidiuse evacuar a toda a poboación de Fisterra, Cee e Corcubión cara á Coruña.
O Goberno central decidiu levar a carga ao cuartel de infantería de Parga, pero unha barricada veciñal impediu o acceso dos camións. Logo decidiu trasladala a Alumina-Alumnio en San Cibrao, e foi o comité de empresa o que impediu o paso dos camións.
O custo do Casón superou os 20.000 millóns de pesetas, foi o sinistro máis caro da historia do seguro en España.