300 cabalos nunha nova rapa das bestas de Campo do Oso
300 cabalos nunha nova rapa das bestas de Campo do Oso
Entre uns poucos xinetes acurrálanas e fanas baixar obrigándoas a entrar no curro, onde separan as crías da manada e empezan a marcaxe
Celebrouse a rapa das bestas do Campo do Oso, en Mondoñedo, un evento no que uns quince gandeiros mindonienses desparasitan, marcan e cortan as crinas aos cabalos de seu que andan ceibos polo monte.
O primeiro é ir buscar as bestas ao monte. Entre uns poucos xinetes acurrálanas e fanas baixar obrigándoas a entrar no curro, onde separan as crías da manada e empezan a marcaxe dos animais.
Para poder reducir a cada animal axúdanse entre varias persoas. Este anos entraron no curro preto dos 300 animais. Para aloitar hai que asinar un papel asumindo responsabilidades. Para o público a rapa é un espectáculo.
Ao rematar os cabalos volven ao monte ata o último domingo de xuño do ano que vén.