A comunidade escolar da área de Vigo rexistra 586 casos de covid
O gromo máis amplo, no CEIP Infante Felipe de Borbón de Salvaterra
Medra a preocupación na área sanitaria de Vigo tamén no eido escolar. Segundo os últimos casos difundidos pola consellería, hai 566 casos activos na bisbarra de Vigo e outros vinte en escolas infantís.
O CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón de Salvaterra é o centro con máis afectados, vinte e nove positivos e 6 aulas pechadas. Están afectados sobre todo os alumnos de infantil e primaria. O centro aguantou moi ben o primeiro pico da pandemia e agora estálles a afectar a situación pandémica da vila, cunha incidencia a 14 días superior a 500.
Outro dos grandes afectados é o Colexio Martín Códax de Vigo, con 19 positivos e tres aulas pechadas segundo a información da Xunta, fontes da dirección do centro apuntaron que algúns casos xa negativizaron nos últimos días. Semellantes son os datos do CEIP Ribeira do Louro do Porriño con dezaoito positivos e unha aula pechada.
A preocupación está xeneralizada na área de Vigo con 3352 casos, 69 hospitalizados e 18 persoas nas UCI.