Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 70 proxectos eólicos contan coa declaración ambiental da Xunta

Máis de 70 proxectos eólicos contan coa declaración ambiental da Xunta

Capital Energy e Greenalia, con catorce parques cada unha, son as empresas que pasan á seguinte fase con máis iniciativas

A conselleira de Medio Ambiente di que "Galicia cumpre coa estratexia dunha transición enerxética xusta boa para todos"

 

G24.gal 28/01/2023 14:47 Última actualización 28/01/2023 21:33

As enerxías renovables desempeñarán un papel fundamental no futuro industrial galego, e o eólico seguirá sendo un sector troncal. 

Esta semana foi chave porque o Ministerio fixara no 25 de xaneiro a data límite para que as comunidades autónomas emitisen declaracións de impacto ambiental.

A Xunta tramitou 140 proxectos eólicos que sumaban máis de 4.000 megawatts. Resolvéronse 120 e foron 77 os que obtiveron o visto e prace cunha declaración favorable.

Greenalida e Capital Energy, con 14 proxectos cada unha, son as que máis proxectos pasan para a seguinte fase. A conselleira de Medio Ambiente destacaba este sábado que Galicia cumpre nesa transición cos obxectivos fixados. 

"Autorizáronse máis de dous mil megawatts. Desestimáronse máis de mil, é dicir, estamos nun 66 % favorable e un 33 % desfavorable. Cumprimos a estratexia marcada, para dar ese paso dunha transición enerxética que ten que ser xusta e boa para todos", di Ángeles Vázquez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade