Publicador de contidos
Publicador de contidos

A acusación particular di que a nai de Desirée “sabía o que facía”

A acusación particular di que a nai de Desirée “sabía o que facía”

A acusada, Ana Sandamil, á súa chegada á Audiencia provincial de Lugo
G24.gal 07/02/2022 11:22

A acusación particular, exercida polo pai da pequena Desirée Leal, cre que a única acusada do crime, Ana Sandamil, nai da nena, estaba en plenas facultades cando esganou a súa filla en Muimenta, e por iso piden para ela a pena de prisión permanente revisable.

Será clave coñecer o testemuño do perito forense, que será quen intentará explicar cal é o estado de saúde da acusada, tanto cando cometeu o crime como no momento actual. 

O pai, José Manuel Leal, asegura que a acusada usaba a nena para facerlle dano a el, que aínda que non era agresiva si era especialmente posesiva.

"Que o monstro que cometeu esta barbaridade pague coa pena máxima"

"Xustiza de verdade nunca se lle vai facer", dicía ás portas da Audiencia Provincial, onde se vai celebrar o xuízo e onde será unha das persoas que ten previsto declarar hoxe. "Pero que polo menos o monstro que cometeu esta barbaridade pague coa pena máxima estipulada neste país", aseguraba José Manuel Leal.

"Eu non son psicólogo, pero se estaba tan mal, como é que non se fixo dano ela mesma en lugar de á nena", di o pai.

En declaracións aos medios de comunicación, José Manuel Leal mostrouse totalmente desfeito pola morte da súa filla e asegurou que a súa vida se viu “truncada para sempre” por mor do crime.
 

O pai da pequena Desirée agarda que O pai da pequena Desirée agarda que "se faga xustiza"

"Sabía o que facía", asegura o avogado da acusación

"Pedimos a prisión permanente revisable, entendemos que a autoría é clara e que, aínda que ten un trastorno diagnosticado, fíxoo en pleno uso das súas facultades porque así o evidencia o seu comportamento tanto antes coma despois", afirma o avogado da acusación particular, José Manuel Ferreiro.

"A cuestión é como estaba a súa mente nese momento. E eu o que vou intentar facer ver ao xurado é a diferenza entre un psiquiatra que diagnóstica e che dá un tratamento e o que é un psiquiatra forense que analiza todo o que rodea o caso", explica o avogado.

"A nai sabía o que facía" cando supostamente matou a nena, dixo o letrado. “A nosa postura é idéntica á da Fiscalía e da acusación popular. 

Nese sentido, o avogado que exerce a acusación popular en representación da Fundación Amigos de Galicia, Francisco José Lago, tamén sostén que a nai da nena "conserva as súas facultades mentais e sabía o que facía".

"En principio, pola proba practicada, nós sostemos que é imputable, que conserva as súas facultades mentais e que sabía o que facía", declarou o letrado antes da celebración do xuízo.

De feito, opinou que "a pesar de saber o que estaba a facer, decidiu seguir adiante", pois "urdiu un plan" para acabar coa vida da filla "semanas antes" e levouno a cabo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade