Publicador de contidos
Publicador de contidos

A defensa de Sandamil alega que non se avaliou ben o seu estado mental

A defensa de Sandamil alega que non se avaliou ben o seu estado mental

Na vista de apelación ante o TSXG, o avogado da muller condenada por matar a filla quixo destacar irregularidades por parte dos membros do xurado popular á hora de emitiren o seu veredicto, incluso que un deles estaba bébedo

O crime de Muimenta volve ao TSXG tras un longo percorrido xudicial e dúas condenas para Sandamil

G24.gal 10/07/2023 14:52

O caso Desirée, a pequena de 7 anos asasinada pola súa nai en Muimenta no 2019, volveu ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, onde se celebrou unha nova vista de apelación, a segunda tras a repetición do xuízo o pasado mes de marzo.

Ana Sandamil, a muller condenada por asasinar a súa filla de 7 anos na súa casa de Muimenta no 2019, compareceu por videoconferencia. E desta volta declinou facer ningún tipo de declaración.

O seu avogado, que foi quen presentou o recurso, insiste en que houbo irregularidades por parte dos membros do xurado popular á hora de emitiren o seu veredicto.

Así, pide que se lle aplique a Ana Sandamil a eximente completa e incompleta de anomalía psíquica ou a repetición do xuízo. 

Pola súa banda, as acusacións, tanto a particular como a popular, rexeitan estes argumentos. Defenden que Ana Sandamil era consciente dos seus actos no momento do crime.

Agora será o alto tribunal galego o encargado de deliberar e decidir se estima este novo recurso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade