A afección do Rácing de Ferrol amosa o seu malestar polos horarios
A afección do Rácing de Ferrol amosa o seu malestar polos horarios
Os tres vindeiros encontros na Malata comezarán ás 14 horas
Dous membros das peñas máis significativas do conxunto ferrolán pasaron polo Galicia en goles para amosar o enfado de gran parte dos afeccionados verdes coa Liga pola adxudicación de horarios nos que xogará o Rácing coma local. Ademais, os departamentais levan varias xornadas tendo que disputar varios partidos en venres ou luns.
Iago Rodríguez é membro da peña D Tapas.
"A xente está moi preocupada polo xantar. Sabemos que, todo o que se poda meter no campo por dimensións, pizza, bocatas, haberá que levalo. Tres fins de semana consecutivos prexudica moito. Había peñas interesadas en montar previas. Xa sabiamos a onde viñamos e é o que hai"
Tamén amosou a súa opinión Carlos Morandeira, da Peña Morandeira.
"Estamos con sensacións contrariadas: ledos polo que estamos a vivir e gozar desta categoría, pero queremos transparencia. Non cremos que sexa o azar. Non sabemos se estamos pagando a novatada de ser novos ou son temas de audiencia. Levamos 3 luns, 3 ao mediodía en horario intempestivo. Igual hai xente non pode ir ao campo en dous meses. Por traballo ou condicións familiares hai xente que non visitará a Malata en tanto tempo. E ademais a hostalería tamén está sendo prexudicada, con cancelacións de xantares etc... Son as consecuencias dos inventos de Tebas".