Publicador de contidos
Publicador de contidos

A alta demanda e a escaseza do produto fan subir o prezo do marisco

A alta demanda e a escaseza do produto fan subir o prezo do marisco

O percebe e a nécora son dos que máis subiron

G24.gal 14/08/2024 14:39

Como todos os anos por esta ponte festiva da Asunción da Virxe María, os prezos do marisco disparáronse. "Os prezos están desorbitados, case como no Nadal".

Os percebes, as nécoras e tamén as navallas son dos que máis subiron. "Os percebes están a 125 euros, as nécoras grandes a 90 euros". "As ameixas e as navallas tamén subiron moito". "Os camaróns, a 90 euros, e non son moi grandes. Pero é que non hai".

Os clientes cren saber o motivo desta escalada de prezos. "Porque hai moitas festa e celebracións e todos queren levar marisco. Tamén inflúe a chegada dos turistas".

Porén os vendedores dan a súa explicación. "Non hai moita cantidade. Xa na lonxa non hai moito peixe nin moito marisco... e por iso, sobe".

Aínda así, case todos os que se achegan ao mercado coruñés da praza de Lugo, acaban mercando. "Hai que mercar porque temos aquí os familiares... e para que proben o que temos aquí". "Nótase que é agosto, pero algo hai que picar... En vez de levar dous quilos, pois levamos un".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade