Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Arxentina é o primeiro país en coñecer a Estratexia Galicia Retorna 2026

A Arxentina é o primeiro país en coñecer a Estratexia Galicia Retorna 2026

O secretario xeral da Emigración explicou en Bos Aires os detalles do programa, que prioriza as iniciativas de emprego para retornados e que duplica ao anterior en iniciativas e en presuposto

G24.gal 09/02/2023 14:03 Última actualización 09/02/2023 18:49

Máis de 350 persoas asistiron en Bos Aires á presentación da Estratexia Galicia Retorna 2026. Un proxecto que incorpora como principal novidade o programa Retorna Emprego, que busca conciliar as vacantes das empresas galegas coas necesidades laborais dos retornados.

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asegura que "os beneficiarios posibles do programa son os 500.000 galegos que viven en todo o mundo. Para este ano imos empezar por conseguir que 400 deles poidan volver a Galicia cun contrato de traballo para incorporarse de xeito inmediato ás empresas galegas".

Traballadores industriais, persoas do ámbito turístico e especialistas en novas tecnoloxías son algúns dos perfís buscados polas empresas galegas. "Son postos de traballo con certo nivel de cualificación, de todos os sectores produtivos", explica Rodríguez Miranda.

Na Arxentina residen máis de 182.000 galegos, máis dun terzo dos que viven no exterior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade