Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Asociación da Prensa da Coruña edita un libro con artigos xornalísticos de Emilia Pardo Bazán

A Asociación da Prensa da Coruña edita un libro con artigos xornalísticos de Emilia Pardo Bazán

O director da Área de Contidos da CRTVG Fernando Ojea doou o importe do premio Cronista Emilio Quesada para editalo

G24.gal 03/05/2023 20:54 Última actualización 03/05/2023 21:04

A Asociación da Prensa da Coruña presentou esta tarde o libro Emilia Pardo Bazán: Xornalismo e Marineda, unha escolma de artigos da escritora sobre a cidade que se publicaron na prensa periódica e que seleccionaron Patricia Angulo e Xulia Santiso. 

A obra está editada pola Asociación da Prensa coruñesa en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura da Xunta e a Casa Museo Emilia Pardo Bazán.

E ve a luz grazas á doazón que fixo Fernando Ojea, director da Área de Contidos da CRTVG, que cedeu o importe do premio Cronista Emilio Quesada, que gañou na edición de 2020 polo programa desta casa Segredos, desmontando A Coruña.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade