Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reúnense por primeira vez os artigos de Emilia Pardo Bazán sobre A Coruña

Reúnense por primeira vez os artigos de Emilia Pardo Bazán sobre A Coruña

A Asociación da Prensa da Coruña, a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán e a Xunta publican Emilia Pardo Bazán: Xornalismo e Marineda

A obra reúne unha trintena de textos sobre A Coruña publicados por Pardo Bazán entre 1891 e 1932, seleccionados por Patricia Angulo Miró e Xulia Santiso

 

G24.gal 03/05/2023 18:03

Emilia Pardo Bazán: Xornalismo e Marineda ofrece unha selección de textos de Emilia Pardo Bazán sobre A Coruña, nos que se abordan temas moi diversos: a configuración urbana e sociolóxica da cidade, a saúde pública, as conexións ferroviarias, o teatro, a música ou o casamento de Elisa e Marcela. 

No Día da Liberdade de Prensa, Xulia Santiso e Patricia Angulo Miró explicaron no Diario Cultural da Radio Galega o seu proceso de traballo para escoller os textos e cal era a mirada de Pardo Bazán sobre a súa cidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade