Cargando resultados...
Cinco días para debater sobre Pardo Bazán
Cinco días para debater sobre Pardo Bazán
Os maiores expertos internacionais sobre a escritora reúnense na Coruña
Inauguración do Congreso, presidida polo presidente da RAG, Víctor Freixanes
G24.gal
25/10/2021 12:56
Este luns comezou na Coruña o Congreso Internacional Emilia Pardo Bazán, que reunirá nos vindeiros cinco días un gran número das grandes voces internacionais expertas na autora.
Organízao a Real Academia Galega, institución que custodia o seu legado, en colaboración co Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago. O congreso abre a semana grande de celebración do centenario da morte de Pardo Bazán.
A súa ollada de xénero, as súas referencias á ciencia ou a súa relación con Galicia debateranse neste congreso.