Cargando resultados...
A Audiencia da Coruña absolve a Beatriz Sestayo dun delito de inxurias a un xuíz
A Audiencia da Coruña absolve a Beatriz Sestayo dun delito de inxurias a un xuíz
Argumenta que a crítica realizada por Sestayo non supera os límites da liberdade de expresión
G24.gal
01/02/2022 21:18
A Audiencia da Coruña absolve a Beatriz Sestayo dun delito de inxurias a un xuíz. A secretaria xeral do PSOE de Ferrol fora condenada hai ano e medio polos seus comentarios nunha rede social e nos que tildaba a un xuíz de machista.
Daquela fora condenada a unha multa de 2.100 euros e a unha indemnización ao maxistrado de 500 euros por danos morais. A Audiencia revoga esta decisión e absolve a responsable socialista argumentando que a crítica realizada por Sestayo non supera os límites da liberdade de expresión.