Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os catro condenados polo asasinato de Samuel Luiz agardan a sentenza xudicial

Os catro condenados polo asasinato de Samuel Luiz agardan a sentenza xudicial

Fai un mes do veredito dun dos casos máis complexos vistos por un xurado popular

G24.gal 24/12/2024 14:13

Tres condenados en prisión e outro aínda en liberdade agardan a decisión da xuíza Elena Pastor. A ela tocoulle presidir o tribunal dun dos casos máis complexos dos últimos anos na Audiencia Provincial da Coruña. Polo número de acusados nun asasinato e polo grao que participación que cada un deles tivo nos feitos.

"A sentenza é moi complicada porque o veredito do xurado tamén o é. Iso xustifica a enorme dificultade de redacción", explica José Ramón Sierra, avogado do caso.

Segundo os feitos probados, Diego Montaña foi o que iniciou a agresión. O xurado, por unanimidade, considérao culpable se asasinato sen atenuantes. E ademais aplícalle a agravante de discriminación sexual. A fiscalía pide para el 25 anos de cadea. O seu avogado confirmoulle á Televisión de Galicia que agarda a sentenza para decidir sobre posibles recursos. 

Unanimidade tamén no caso de Alejandro Freire. O xurado considera asasinato con aleivosía a súa participación na agresión a Samuel. A Fiscalía pide 22 anos de cadea, pero o seu avogado xa anunciou que recorrerá o veredicto.

No caso de Kaio Amaral e Alejandro Miguez, considerado cómplice, non hai unanimidade do xurado. A condena foi por sete votos, o mínimo que establece a lei. O avogado de Kaio di que o veredicto é confuso e contraditorio.

"Entendemos que nas preguntas fundamentais existen contradicións no razoamento do tribunal", defende  José Ramón Sierra, avogado de Kaio Amaral.

O xurado popular absolveu por unanimidade a moza que acompañaba o grupo aquela tráxica madrugada de xullo en Riazor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade