Publicador de contidos
Publicador de contidos

A automoción galega aumenta as súas exportacións un 13 %

A automoción galega aumenta as súas exportacións un 13 %

Stellantis Vigo, antiga Citroën, tramitou 36 patentes nos últimos 5 anos

G24.gal 20/12/2021 14:07

A industria galega da automoción, liderada pola fábrica viguesa de Stellantis, antiga Citroën, aumentou en máis dun 13 % as súas exportacións, malia a actual crise de subministracións. O sector supón o 28 % de todas as exportacións de Galicia.

Dende a Xunta reclámanlle ao Goberno que se centre en criterios obxectivos para que o sector galego da automoción opte ás axudas do PERTE.

Nos últimos cinco anos a planta viguesa de Stellantis, xunto co Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia, rexistrou 36 patentes dentro do programa Fábrica 4.0, cofinanciado pola Xunta de Galicia.

O director da fábrica destacou que os resultados obtidos con ese proxecto melloran a súa produtividade e a do sector ao tempo que abren o camiño a novos programas de innovación de desenrolo.

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación comprometeu o seu apoio ao talento e garantiu que seguirán traballando para que Galicia estea á vangarda do desenrolo do coche do futuro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade