A bomba ciclónica que conxela os Estados Unidos deixa unha decena de mortos e millóns sen luz
A bomba ciclónica que conxela os Estados Unidos deixa unha decena de mortos e millóns sen luz
O temporal de frío e neve obrigou cancelar 5.600 voos nunha fin de semana con millóns de desprazamentos polo Nadal
Azouta con especial intensidade á zona dos Grandes Lagos, fronteira entre os Estados Unidos e O Canadá
As autoridades non deixaron lugar a dúbidas: a tormenta de neve Elliott que afecta gran parte de América do Norte, desde Texas a Quebec, é das que ocorren unha vez en cada xeración.
O Servizo Meteorolóxico Nacional (NWS) dos EUA lanzou o venres una das alertas máis extensas da súa historia.
Os datos confírmano: 200 millóns de persoas están a sufrir o azoute do temporal, que levou a vida de polo menos doce persoas. Hai un millón e medio de persoas afectados por cortes de electricidade. 5.600 voos canceláronse, segundo FightAware.
Todo sucede na fin de semana do Nadal, na que millóns de persoas prevían desprazarse con motivo das festas.
A bomba ciclónica está a ser especialmente dura na zona dos Grandes Lagos, fronteiriza entre os Estados Unidos e o Canadá. Ontario e Quebec son as provincias máis afectadas.
As temperaturas caeron ata os 45 graos baixo cero en Montana, por exemplo, ou en Denver marcaron 24 baixo cero. En estados como Michigan, Pensilvania ou Nova York a neve acumula espesores de 90 centímetros.
A bomba ciclónica ameaza mesmo a Costra Oeste dos Estados Unidos, con Wáshington e Oregón tamén baixo cero.
O fenómeno, causado por unha fronte de aire ártico, será responsable de que o país viva o seu Nadal máis frío desde os anos 80.