Publicador de contidos
Publicador de contidos

A busca do mellor posto do Celta Fortuna e a celebración do Deportivo centran a atención na 1ª RFEF

A busca do mellor posto do Celta Fortuna e a celebración do Deportivo centran a atención na 1ª RFEF

O Celta Fortuna busca a segunda praza de cara ao Play off contra o Barça Atlétic (19 h, G2)

O Deportivo pecha a Liga contra o Real Unión (19 h, AGalega.gal e 21 h G2)

O Arenteiro pode rematar de sétimo e meterse na Copa do Rei

O Lugo remata contra o Sabadell

G24.gal 25/05/2024 12:32

Momento de ir por todas para o Celta Fortuna, xa clasificado para o playoff, e na procura dun triunfo ante o Barça Atlétic en Vigo que o deixe na mellor posición pra afrontalo. Se gaña, e perde o Nástic, acabarían segundos. 

Pra lembrar tamén sería o do Arenteiro. Porque se vence a Unionistas, en Salamanca, acabará de sétimo e meterase na Copa. A xeira dos de Carballiño fóra dá pra soñar. Tres vitorias e tres empates nos seis últimos partidos.

Afastados da tensión, con todo resolto, andan o Deportivo e o Lugo. O Lugo busca acabar con boa imaxe ante un Sabadell, que se xoga o descenso. E o Deportivo fará un alto na festa pra medirse a outro equipo en apuros, o Real Unión. Unha festa que nos deixou un gol pra historia e un feixe de imaxes de ledicia. Que trouxo de volta a faciana de Lendoiro, esa cara de Póker das grandes ocasións. E na que agora uns andan máis pendentes dos recados de Lucas, e outros de conserva-lo pelo.

Son días de celebración, de brindar e de traballar na volta ao fútbol profesional. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar