A caída libre do Bergantiños non ten final: oitava derrota seguida
A caída libre do Bergantiños non ten final: oitava derrota seguida
O Laredo gaña 0-1 en Carballo e a salvación queda a trece puntos
De mal en peor vai este Bergantiños, que sumou ante o Laredo a oitava derrota consecutiva, un rexistro que nin no peor dos pesadelos agardaban os afeccionados do equipo carballés.
Houbo troco de adestrador e chegaron ata sete xogadores no mercado invernal pero, lonxe de mellorar, o equipo de Durán empeorou nas súas prestacións. Contra o Laredo xerou poucas ocasións, e só cando se viu por debaixo no marcador se tirou a tumba aberta á procura dun gol que non chegou.
O tanto cántabro reflicte o que é a temporada. Un remate de cabeza de Santamaría que petou en Agulló e Brunet e acabou na rede de Canedo. No último minuto Ánder puido empatar pero estragou a mellor ocasión do Bergan.