Publicador de contidos
Publicador de contidos

A calidade en ataque define o triunfo do Xaén diante do Parrulo na Copa

A calidade en ataque define o triunfo do Xaén diante do Parrulo na Copa

O equipo da LNFS derrotou os galegos por 2-5 na Malata

G24.gal 16/11/2022 22:08

O Xaén Paraíso Interior fixo valer a diferenza de categoría e eliminou o Parrulo na Copa de fútbol sala. O resultado de 2-5 amosa a maior calidade na finalización dos andaluces. 

O primeiro tempo foi parello no tocante a oportunidades pero demoledor no resultado. Aos nove minutos, Mati Rosa marcaba o 0-1. Xusto despois, Chino aproveitaba un penalti para poñer o segundo, e antes do tempo de lecer Míchel anotaba o terceiro. 

No primeiro minuto da segunda parte, Menzéguez marcaba o 0-4 e deixaba o partido visto para sentenza. Chegaría un quinto gol do Xaén, de César. O Parrulo maquillou o resultado contra o final do partido para alegría dos afeccionados cos goles de Kanika e Nakashima. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos