A calor afecta a saúde mental e fainos estar de peor humor
A calor afecta a saúde mental e fainos estar de peor humor
Tanta calor altera os nosos niveis de seratonina e dopamina, neurotransmisores encargados do control do noso estado de ánimo
Fai aumentar os accidentes de tráfico, as pelexas e as urxencias psiquiátricas
Máis aló do perigo de sufrir un golpe de calor, padecer varios días seguidos tan altas temperaturas afecta tamén ao noso ánimo.
Podemos estar máis desganados e máis irritables, e iso ten a súa explicación. Tanta calor altera os nosos niveis de serotonina e dopamina, neurotransmisores que controlan as nosas emocións. E está tamén non durmir.
Múltiples estudos aseguran que logo de varios días de tan altas temperaturas andamos máis tensos, máis irritables, con peor humor. Afirman os datos que unha vaga de calor agrava os problemas mentais, provoca máis accidentes de tráfico e máis pelexas.
Falta nos fai respirar, porque as vagas de calor duplicáronse nos últimos dez anos.