Publicador de contidos
Publicador de contidos

A campaña mundial de apoio a Ucraína recada máis de 10.000 millóns de euros

A campaña mundial de apoio a Ucraína recada máis de 10.000 millóns de euros

A presidenta da Comisión Europea promete máis axudas para reconstruír o país

O presidente polaco cre que será necesario un Plan Marshall para Ucraína

G24.gal 09/04/2022 20:50

A campaña mundial de doazón de fondos para os refuxiados e desprazados de Ucraína recadou 10.100 millóns de euros. "E chegarán máis", dixo a presidenta da comisión europea, Ursula von der Leyen.

"Seguiremos prestando apoio e cando as bombas deixen de caer axudaremos ao pobo de Ucraína a reconstruír o país", asegurou. 

O presidente Zelensky fixo un chamamento para que Occidente envíe armas e castigue a Rusia con máis sancións. O de Polonia asegurou que Ucraína vai precisar un impulso económico semellante ao chamado Plan Marshall tras a segunda guerra mundial.

O acto final desta campaña celebrouse en Varsovia como recoñecemento a este país, que acolleu dous millóns e medio de refuxiados, dos máis de catro millóns que abandonaron Ucraína pola invasión rusa. Centos de miles cruzaron tamén as fronteiras doutros países veciños.

Este mesmo sábado, un transboradador ateigado de ucraínos chegaba a Romanía. Segundo a policía de fronteira romanesa, desde o comezo da guerra, máis de 600.000 persoas chegaron a este país fuxindo da guerra.

Persoas atrapadas 

Pero, ademais, Acnur calcula que hai sete millóns de desprazados internos e que 13 millóns de persoas están atrapadas nas zonas máis afectadas pola guerra.

En Mariupol, practicamente destruída, permanecen 300.000 persoas, segundo o alcalde. Apenas teñen alimentos nin material sanitario.

Irina conta que tivo que abandonar a súa casa sen poder levar nada, nin sequera os seus gatos, que queimaron o seu edificio e que a xente morreu queimada.

As autoridades locais abriron un centro para proporcionar axuda humanitaria onde cada día chegan miles de persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade