Publicador de contidos
Publicador de contidos

Preto de 70.000 persoas despiden a Bieito XVI no segundo día de capela ardente

Preto de 70.000 persoas despiden a Bieito XVI no segundo día de capela ardente

O funeral previsto para este xoves estará presidido polo papa Francisco

G24.gal 03/01/2023 07:59 Última actualización 03/01/2023 21:00

Este mércores será o último día no que os fieis poderán despedirse do papa emérito Benedicto XVI. En só dous días, a basílica de San Pedro recibiu máis de 135.000 persoas que querían ver o pontífice por última vez.

O funeral previsto para este xoves estará presidido polo papa Francisco tamén na praza de San Pedro.

É unha circunstancia inédita que un papa celebre as exequias doutro pontífice. Aínda que debido aos problemas de mobilidade de Francisco é probable que se concelebren co secretario de Estado, o cardeal Pietro Parolin e o decano do Colexio Cardinalicio, o cardeal Giovanni Battista Re.

Non será un funeral de Estado, ao non tratarse dun pontífice "reinante", aínda que contará con delegacións oficiais de Italia e do país natal de Ratzinger, Alemaña. Outras autoridades poderán asistir pero deberán facelo a título persoal.

Xa confirmaron a súa presenza a raíña emérita de España, Sofía, e o ministro español da Presidencia, Félix Bolaños, así como o presidente polaco, Andrzej Dúbida, o presidente de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, e o rei Felipe dos Belgas.

Despois, o corpo de Bieito XVI será enterrado na cripta da basílica de San Pedro, onde repousan outros pontífices da Igrexa católica.

A tumba elixida por el mesmo foi a que acolleu os restos de Xoán Paulo II, baleira desde que o corpo deste fóra trasladado a unha capela da basílica de San Pedro con motivo da súa beatificación en maio de 2011.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade