Publicador de contidos
Publicador de contidos

A caravana dos negacionistas da covid fracasa no seu intento de bloquear Bruxelas

A caravana dos negacionistas da covid fracasa no seu intento de bloquear Bruxelas

Un milleiro de policías cortaron os accesos á cidade, impedindo a entrada dos manifestantes

G24.gal 14/02/2022 20:49

A autodenominada Caravana da Liberdade, a protesta de centos de persoas en vehículos contra as restricións para frear a pandemia da Covid, estivo este luns en Bruxelas.

Pretendían bloquear a capital comunitaria como xa fixeran en París ou Lille, pero non o conseguiron grazas ao forte dispositivo das forzas de seguridade. 

Un milleiro de policías de diferentes partes de Bélxica reforzaron as forzas de seguridade e controlaron dende primeira hora o acceso a Bruxelas.

Os vehículos con matrícula francesa era detidos, e se pertencían ao convoi foron desviados ata o norte, a un aparcadoiro preto do Atomium.

As institucións da UE no barrio europeo do Bruxelas estiveron protexidas dende pola mañá e non se permitiu ningunha protesta. De feito, o alcalde xa prohibira calquera manifestación hai días.

Así que os antivacinas e persoas contrarias ás restricións tiveron que espallarse pola cidade, en pequenos grupos, como se fosen turistas. Nin bloqueos de estradas, rúas ou do transporte público. As súas protestas quedaron reducidas só aos cánticos e ás pancartas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade