Publicador de contidos
Publicador de contidos

A carga viral nas augas residuais da Coruña anticipa un incremento de contaxios de covid

A carga viral nas augas residuais da Coruña anticipa un incremento de contaxios de covid

A variante delta plus do coronavirus non aparece polo momento nas analíticas

G24.gal 19/11/2021 16:24

Aumenta a carga viral de covid nas augas residuais da Coruña. Os últimos datos recadados polo proxecto Covid Bens advirten dunha repunta de contaxios. Iso si, a variante delta plus non apareceu nas analíticas.

Na última semana só se detectou a variante delta nas augas residuais da Coruña e da súa área metropolitana. Non hai case rastro doutras variantes, tampouco desa delta plus tan temida e que máis preocupa arestora.

O que si notan é que a carga viral medrou exponencialmente desde hai un mes, onde a situación epidemiolóxica era boa e estable. Agora din que non hai motivo de alarma dada a alta taxa de vacinación da cidadanía, pero si fan un chamamento á prudencia.

"Se nós notamos o aumento da carga viral iso loxicamente repercutirá no número de casos activos clínicos. Pero os efectos da vacinación farán que non haxa tantos efectos no número de enfermos graves, hospitalizacións e mortos", asegura Carlos Lamora, director xeral da EDAR de Bens.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar