Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ourense recupera a tradicional carreira de San Martiño e visibiliza a ELA

Ourense recupera a tradicional carreira de San Martiño e visibiliza a ELA

G24.gal 14/11/2021 14:59 Última actualización 18:15

En formato reducido, a cidade de Ourense recuperou hoxe a tradicional carreira do San Martiño, suspendida o ano pasado pola pandemia. Dúas mulleres acapararon o protagonismo da xornada: a subcampioa dos dez mil metros nas Olimpíadas de Tokyo e Olga Prado, enferma de ELA que adoitaba competir ata que a enfermidade llo impediu.

Afeita a competir en todas as citas da San Martiño, con algún podio na súa categoría, desta vez, Olga tivo que vela desde a barreira.

Diagnosticáronlle esclerose lateral amiotrófica hai dous anos escasos, e xa apenas pode falar. A súa filla fala por ela.

Andrea González, filla de enferma de ELA: "Unha muller que era tan activa, porque ela estaba correndo a primeira, encantáballe moverse, nunca paraba quieta. Unha enfermidade coma esta dáche unha mazada tremenda".

Con pancartas e lazos verdes, a asociación galega de afectados pola ELA, quixo aproveitar este multitudinario evento para darlle visibilidade a unha enfermidade que, por rara, non recibe a financiamento necesario para investigación.

Pilar Guimeráns, voceira de AGAELA: "É unha enfermidade devastadora e precisan moita axuda. Estamos aquí para apoiar".

Tamén había moita expectación sobre Kalkidan, a atleta que gañou a prata dos dez mil metros en Tokyo e que estes días viamos adestrándose por Ourense coa ilusión de bater aquí unha marca persoal...

Non puido ser, pero si se alzou coa vitoria na categoría feminina desta edición, a primeira pospandemia, en que se reduciu a participación de dez mil a dúas mil persoas e na que, por sexta vez, conquistou o podio o atleta ourensán Alejandro Fernández.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade