A Casa Real difunde fotos inéditas da princesa de Asturias con motivo do seu 18 aniversario
A Casa Real difunde fotos inéditas da princesa de Asturias con motivo do seu 18 aniversario
Son 20 imaxes que mostran a princesa Leonor desde os seus primeiros días na escola infantil, de vacacións co resto da familia real ou en distintos actos oficiais
Á princesa de Asturias vímola medrar e agora a Casa Real lémbranos con fotos os 18 anos que está a piques de cumprir. Dende a súa presentación en Zarzuela ao día que se converteu en irmá maior da infanta Sofía. O primeiro día na gardería ou unha excursión familiar en Mallorca.
A galería tamén recolle a complicidade co seu pai e vémola ademais exercendo de fotógrafa familiar. Non faltan tampouco momentos máis complicados como a homenaxe ás vítimas da Covid.
Comprobamos que de pequena xa lle gustaba o exército e tamén o fútbol: celebrou a Eurocopa do 2012. E tamén estivo cerca da selección feminina campioa do mundo.
O resumo en imaxes inclúe tamén instantáneas recentes: o ingreso na Academia Militar de Zaragoza ou o último acto: a entrega do Premio ao Pobo Exemplar de Asturias.