A céntrica rúa da Pravia, en Vilalba, cambiará de sentido a finais do verán
A céntrica rúa da Pravia, en Vilalba, cambiará de sentido a finais do verán
Os vehículos pasarán a circular en dirección a Lugo, e non cara a Ferrol e Mondoñedo
Un estudo do Concello conclúe que así se reducirá o tráfico en máis dun 30 por cento
O cambio de sentido da rúa da Pravia, en Vilalba, traería importantes beneficios para a circulación de vehículos. Esta é a principal conclusión do estudo sobre a reordenación do tránsito por esta vía, realizado pola área municipal de Mobilidade.
O informe conclúe que o cambio de dirección conseguiría reducir o tráfico no centro de Vilalba en máis dun 30 por cento. A medida convence ademais a maioría dos residentes e comerciantes, que entenden que haberá que dar menos voltas co coche.
A rúa da Pravia pasara de bidireccional a unidireccional hai agora tres anos. Neste tempo, sinalan que numerosos visitantes mesmo se chegaron a perder. Prevese que o cambio de sentido se faga efectivo, en dirección a Lugo, a finais do verán.