A chegada do AVE modifica horarios doutros trens e complica a vida dos madrugadores
A chegada do AVE modifica horarios doutros trens e complica a vida dos madrugadores
Os que viven en Ourense protestan porque non teñen ningún tren que os deixe antes das 8 da mañá en Santiago ou na Coruña
Xa se poden comprar os billetes para viaxar en alta velocidade a Madrid a partir do 21 decembro. Coa chegada do AVE a Galicia, Renfe aumenta as frecuencias e as prazas. Estes novos horarios afectan tamén os trens de media distancia.
Os que viven en Ourense protestan porque non teñen ningún tren que os deixe antes das oito da mañá en Santiago e, polo tanto, menos na Coruña.
No caso contrario, os que vivan da Coruña ou de Santiago, deben saber que o tren que deixaba aquí ás 07:35 adiántase media hora, polo que terán que perder ese tempo agardando para madrugar. Ese mesmo tren, é o que teñen que coller os que teñan que estar antes das 9 da mañá en Ourense porque agora chegará ás 9:10 a destino.
Con todo, os usuarios din que hai algo positivo con esta modificación de horarios, que é que aumentan as frecuencias entre Ourense con Santiago e A Coruña.