Cargando resultados...
A choiva desloce o mercado das flores de Pontevedra
Escasa afluencia de clientes e de vendedores
G24.gal
31/10/2021 14:23
Os turistas conviven coas flores na Praza da Ferrería de Pontevedra no día previo da celebración de Santos. A tradición e os prezos máis baratos facían da céntrica praza pontevedresa un dos mellores lugares para adquirir flores.
Este domingo hai tan só dez postos. Todas as florerías da cidade están abertas e ademais os defuntos conviven con outras celebracións máis modernas.
O crisantemo é a estrela deste mercado tanto que en moitos postos xa está esgotado. O reducido número de compradores fixo tamén que os prezos fosen máis competitivos como estes dous centros de vinte euros cada un, e a ducia de rosas a lago máis de quince euros