Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ourense bate o récord de máximas de agosto: 42,6º nunha xornada tórrida en Galicia

Ourense bate o récord de máximas de agosto: 42,6º nunha xornada tórrida en Galicia

Galicia viviu o día máis abafante de agosto

As temperaturas máximas descenderán algo mañá, salvo na Mariña, onde van subir

G24.gal 10/08/2024 21:39

Na cidade de Ourense agardaban unha xornada de moita calor pero o vivido este sábado superou as previsións.  A media tarde chegaban os 42, 6 graos. Trátase dunha temperatura de récord en agosto, poucas veces acadada na cidade das Burgas.

En Leiro, Laza e Larouco chegaron aos 41. Foron as temperaturas máis altas dunha xornada abafante en toda Galicia, na que os termómetros superaron os 30 graos en case todo o territorio.

O peor día desta vaga de calor remata coa previsión dun alivio térmico nas próximas horas. Con todo, mantense o aviso amarelo nalgunhas zonas a provincia de Ourense. 
Na comarca de Valdeorras, os concellos do sur da provincia e os da conca do Miño poderán superar os 36 graos.

O domingo as temperaturas mínimas non terán cambios e as máximas descenden en todo o territorio, agás na Mariña, onde mesmo ascenderán. O remate da fin de semana deixará chuvascos treboentos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade