Cargando resultados...
A Comisión Europea emitirá outros 50.000 millóns de euros de débeda
A Comisión Europea emitirá outros 50.000 millóns de euros de débeda
Xa captou 118.000 millóns para financiar o fondo de recuperación pospandemia
Antón Montero
24/06/2022 17:52
A Comisión Europea emitirá no segundo semestre outros 50.000 millóns de débeda para financiar o fondo de recuperación pospandemia.
É a mesma cantidade que pediu nos mercados na primeira metade de 2022. Desde que empezou a mercar bonos hai un ano, a Comisión xa se endebedou en case 120.000 millóns de euros, dos que xa repartiu 100.000 entre os estados.