Publicador de contidos
Publicador de contidos

Medio Rural considera fundamental a colaboración cidadá contra o lume

Medio Rural considera fundamental a colaboración cidadá contra o lume

Recibiron 120 chamadas de denuncia de posibles comportamentos incendiarios só no mes de xullo

G24.gal 07/08/2022 14:29 Última actualización 07/08/2022 14:40

Son máis de 30.000 hectáreas queimadas en Galicia no último mes. Aos lumes de Valdeorras, O Courel, Oímbra ou Vilariño de Conso uníronse esta mesma semana o de Verín e o da serra de Barbanza. Ademais dos fenómenos meteorolóxicos, desde a Consellería do Medio Rural insisten na colaboración cidadá para localizar posibles sospeitosos.

A limpeza da maleza, seca neste tempo, en moitas áreas de Galicia, é clave para evitar o lume. Desde a Consellería aseguran que o ano pasado se comprobaron as franxas de 860.000 parcelas dos 2 millóns que se calcula que hai en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos