Publicador de contidos
Publicador de contidos

A continuidade marcará o novo proxecto do Breogán

A continuidade marcará o novo proxecto do Breogán

Mrsic e Tito Díaz comezaron xa a planificar o equipo da temporada vindeira

G24.gal 10/06/2023 14:01

Antes de marchar cara Croacia disfrutar das súas vacacións, Mrsic perfilou con Tito Díaz o que vai ser o Breogán da vindeira temporada facendo unha clara aposta pola continuidade.

Veljko Mrsic quere "seguir con seis ou sete xogadores que xa coñecen a Liga, que vai ser case que todo o quinteto é moi importante, imos disfrutar máis co noso equipo e co noso xogo".

O técnico insiste en reforzar o ideario que tan bo sabor de boca lle deixou na última campaña: "Todo empeza na defensa e nós imos seguir nesta liña, ter un bo grupo disposto a sufrir, traballar atrás ben e, se metes sesenta e che marcan 59 gañas o partido".

Pero tamén deixou claro que a ninguén lle amarga un doce e menos a el: "É importante ter xogadores que podan resolver partidos co seu individualismo e imos tentar ter esto, pero sempre en función do equipo".

Nesta xuntanza, o Breogán sentou as bases do seu futuro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar