Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Coruña celebra cun simulacro os 50 anos da base de salvamento da Cruz Vermella

A Coruña celebra cun simulacro os 50 anos da base de salvamento da Cruz Vermella

A institución creouse en xullo de 1971 tras un naufraxio preto da torre de Hércules

G24.gal 15/11/2021 16:45

A base de Salvamento Marítimo da Cruz Vermella na Coruña creouse hai 50 anos tras o naufraxio do pesqueiro La Isla, nas proximidades da Torre de Hércules.

Este luns a cidade celebrou este aniversario cun simulacro de rescate no mar co que deron a coñecer á cidadanía parte do seu traballo. Un home cae ao mar na zona do Parrote e tres embarcacións da base de Salvamento Marítimo da Cruz Vermella van ao seu rescate e son quen de estabilizado. Despois fan unha chamada de socorro e ao pouco chega o Helimer de Salvamento Marítimo para evacualo a un hospital.

Desa volta, foi todo baixo control e sen risco de afogamento, pero é unha das intervencións que realizan os voluntarios da Cruz Vermella da Coruña que fai medio século de vida. 

Fíxose realidade en xullo de 1971. Desde aquela, segue no mesmo empeño as 24 horas do día, os 365 días do ano.

Traballan tamén na loita contra a contaminación mariña. As súas intervencións incrementáronse en máis dun 30 % respecto ao 2019 con 105 intervencións de emerxencia para a contención e dispersión de axentes contaminantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade