Cargando resultados...
A Coruña acolle a mostra da Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo
A Coruña acolle a mostra da Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo
G24.gal
30/04/2024 22:17
Última actualización 01/05/2024 08:32
Tras o seu paso por Sevilla e Zaragoza, chega á Coruña a mostra da Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo. Inaugurouse esta tarde no mercado de San Agustín.
Na Bienal, o Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana e os colexios de arquitectos españois premian as mellores producións arquitectónicas dos últimos dous anos.
Entre elas hai dúas galegas: o acondicionamento portuario de Porto do Son e a rehabilitación dun estaleiro tradicional en Outes.