Publicador de contidos
Publicador de contidos

A COVID-19 que circula na China e nos EUA non escapa à inmunidade das vacinas

A COVID-19 que circula na China e nos EUA non escapa à inmunidade das vacinas

Os expertos dan por superada a pandemia como emerxencia de saúde pública en occidente

G24.gal 14/01/2023 15:30 Última actualización 13/01/2023 21:34

A pandemia de COVID-19 como emerxencia de saúde pública vai quedando atrás.

Pero a comunidade científica segue vixiante ante a explosión de contaxios na China coa fin da política covid cero. 

Tamén ante a subvariante mal bautizada co nome de kraken que se estende desde o Estados Unidos. 

Con todo, os inmunólogos lembran que tanto a covid-19 que circula na China como nos Estados Unidos segue sendo ómicrón, a variante predominante desde hai un ano. 

A inmunidade celular xerada polas vacinas non escapa polo tanto á covid-19 que circula actualmente en Asia ou Norteamérica. 

As vacinas seguen sendo eficaces contra a enfermidade grave e recomendan poñer a segunda dose de reforzo aos que aínda non o fixeron. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos