Publicador de contidos
Publicador de contidos

A variante ómicron xa é a responsable da cuarta parte dos ingresos por covid en Galicia

A variante ómicron xa é a responsable da cuarta parte dos ingresos por covid en Galicia

A incidencia da variante nos casos nas UCI diminúe ata o 11,3%

G24.gal 05/01/2022 19:48

O Servizo Galego de Saúde informou de que o 26% das persoas ingresadas por covid nos seus hospitais presentan unha infección compatible coa variante ómicron.

No caso dos ingresados nas UCI, a porcentaxe dominúe ata o 11,3%.

Sanidade analiza cada un destes ingresos mediante unha proba diagnóstica específica aos positivos de covid para determinar a que variante do virus pertencen e así poder avaliar e facer un seguimento da evolución de cada cepa.


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade