Barbero foi operado do menisco e será baixa entre catro e seis meses
Barbero foi operado do menisco e será baixa entre catro e seis meses
O xogador mancouse no partido contra o Unionistas e ten difícil volver xogar esta temporada
Unha nova noticia en forma de lesión afecta á dianteira do Deportivo. Primeiro foi Yeremay, logo a sanción a Lucas, e, no partido contra Unionistas, as baixas de Mella e Iván Barbero. Con esta situación o equipo de Idiakez queda baixo mínimos para o vindeiro partido.
Os servizos médicos do Deportivo confirmaron a lesión no menisco interno do xeonllo esquerdo do xogador. Este martes será operado e unha vez realizada a intervención foi o doutor Arriaza o que estableceu a pauta e os prazos de recuperación. Segundo a súa impresión Barbero estará "entre catro e seis meses de baixa" co que o cadro deportivista perde o xogador case ata o final do campionato.