Publicador de contidos
Publicador de contidos

A disputa política trasládase ao Palacio Real na recepción do 12 de outubro

A disputa política trasládase ao Palacio Real na recepción do 12 de outubro

O presidente do Goberno chamou "Torquemada da corrupción" ao líder da oposición

Feijóo dixo que Sánchez debería "dar explicacións" do caso Koldo antes de ir á celebración

 A choiva desloce un desfile das Forzas Armadas sen exhibición aérea

EFE/J.J. Guillén
G24.gal 13/10/2024 08:19 Última actualización 13/10/2024 08:56

Os reis e a princesa de Asturias presidiron este sábado no Palacio Real a recepción dun chuvioso Día da Festa Nacional e ata alí trasladouse a disputa política entre o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o líder da oposición, Alberto Núñez Feijóo.

Aínda que a forte choiva que caeu sobre Madrid non impediu a celebración do desfile do Día da Festa Nacional, a súa intensidade fixo que durante un tempo se pensase na suspensión. Ao final, o rei decidiu a súa continuidade pero durou menos e non houbo exhibición aérea.

A Casa Real agradeceu á cidadanía e aos medios de comunicación que, malia as pésimas condicións meteorolóxicas, arrouparan coa súa presenza ás Forzas Armadas, a Garda Civil,a  Policía Nacional e os organismos civís, que cumpriron co seu desexo de desfilar.

Tras o desfile, os reis e a princesa trasladáronse ao Palacio Real para presidir a tradicional recepción conmemorativa do Día da Festa Nacional. Alí trasladouse tamén a disputa política, durante os tradicionais círculos dos líderes políticos coa prensa.

"Torquemadas da corrupción"

O presidente do Goberno dixo nunha conversa informal con xornalistas sentirse sorprendido de ver a "Feijóo e Abascal como Torquemadas da corrupción" despois de que pediran a súa dimisión polas últimas informacións sobre o caso Koldo, e insistiu en que o PSOE actuou "con contundencia, prontitude e transparencia".

Sánchez referiuse así aos últimos avances da investigación dirixida pola Audiencia Nacional, que revelaron que o exministro de Transportes José Luis Ábalos lle informou da "visita privada" da vicepresidenta venezolana Delcy Rodríguez a España.

EFE/Francisco Gómez/Casa da S.M. o Rei EFE/Francisco Gómez/Casa da S.M. o Rei

Dar explicacións

Mentres, o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que Sánchez, debería convocar unha conferencia de prensa sen límite de preguntas para dar explicacións sobre o caso Koldo antes de acudir á celebración da Festa Nacional.

Tamén denunciou a falta de críticas dos partidos que sustentan o Executivo, motivo polo que se mostrou convencido de que a coalición de Goberno "vai aguantar ata que rebente".

Protagonista da xornada foi tamén o presidente da Generalitat, Salvador Illa, xa que ningún dos seus antecesores no cargo, durante 14 anos, acudiran ao acto. No Palacio Real dixo que Cataluña desexa implicarse nun modelo de España "plural e diversa".

"Ata mañá para dar marcha atrás"

Nunha das conversas que o presidente do Goberno mantivo con xornalistas, a presidenta da AVT, Maite Araluce, encarouse con Pedro Sánchez para reprocharlle a emenda no proxecto de lei sobre antecedentes penais, que pode anticipar a excarceración de 44 presos da banda terrorista ETA.

"Ten ata mañá para dar marcha atrás".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade