A EMA estuda dúas pílulas para combater o coronavirus
A EMA estuda dúas pílulas para combater o coronavirus
Unha delas está aprobada xa para casos de emerxencia
A situación de Austria e do centro de Europa xa é moi preocupante malia os niveis de vacinación. E para combater futuras vagas do virus da Covid novos medicamentos achéganse ás fases finais da súa aprobación. Entre eles, dúas menciñas en estudo pola Axencia Europea do Medicamento.
A primeira delas é unha pílula da farmacéutica Pfizer que reduce o risco de hospitalización e de falecemento ao subministrarse nos cinco primeiros días dos síntomas da Covid-19.
A EMA analiza coas autoridades sanitarias de cada país se esta pastilla pode ofrecerse en casos de emerxencia, antes mesmo de autorizala definitivamente.
O segundo medicamento é unha pílula antiviral que a EMA avalou para usos de emerxencia. E que avanza nas súas fases de estudo. Agora, o regulador sanitario recomenda só subministrala en adultos antes de que aparezan as complicacións respiratorias.
Medicamentos aínda non dispoñibles xusto cando o Centro Europeo de Prevención e Control de Enfermidades advirte que a nivel de preocupación pola Covid xa é moi alto.