Publicador de contidos
Publicador de contidos

'Le Cabanon' de Le Corbusier na Escola de Arquitectura da Coruña

'Le Cabanon' de Le Corbusier na Escola de Arquitectura da Coruña

É unha maqueta a escala real cun habitáculo duns 16 m², multifuncional, pensado como vivenda de vacacións ao pé do Mediterráneo

G24.gal 21/09/2023 22:37

Máis de 70 anos despois, a obra de Le Corbusier segue a ser fonte de inspiración para futuras xeracións de profesionais da arquitectura. Así o sinala Plácido Lizancos, director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, ao dicir: "Nós preparamos os profesionais do futuro na xestión do espazo, na ideación do espazo e, por suposto, queremos que recoñezan os valores da sostibilidade e de facer máis con menos".

Concibida como unha vivenda de vacacións ao pé do Mediterráneo na Costa Azul, Le Corbusier deseñou Le Cabanon, un habitáculo duns 16 m², multifuncional onde vivir coa súa muller. Nos anos 50 do século pasado, deseña xa sistemas de climatización natural e elimina a cociña. Iso si, incorpora un acceso directo a un bar lindeiro. Para Plácido Lizancos, este feito representa "que Le Corbusier era consciente de que tiña que enriquecer un lugar a onde el acababa de chegar". 

A maqueta a escala real da obra do afamado arquitecto está instalada na Escola Superior de Arquitectura desde o ano 2009. Aquí non se reproducen nin os materiais orixinais nin o exterior da cabana, para os que o arquitecto aproveitou refugallos. 

A Escola de Arquitectura da Coruña mantén aberta ás visitas do público a obra de Le Corbusier no interior das súas instalacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade